Lucía Aldao e María Lado

| |



Hoxe visitáronnos no instituto as poetas Lucía Aldao e María Lado. Como sempre, as caras do alumnado estaban entre o escepticismo e a apatia. Puaj! Poesía! Líase na maioría delas. Mais nengún sospeitaba que o que alí ía suceder acabaría por conquistalos para estes territorios. Cuidado coa poesía, que cando te descuidas engancha! Tivemos ocasión de escoitar a Lucía cantando (cousa que fai tan ben como escribir) e ás dúas en recital múltiple e individual. O tema, o desamor, como non! Tamén puidemos participar nun sorteo e finalmente, compoñer un poema colectivo. Este poema será publicado no blog de María, polo que xa sabedes, pinchade sobre o nome para lelo e sobre o de Lucía se queredes escoitala no myspace.
Entretanto, deixámosvos un vídeo aquí dunha das súas actuacións:

1 comentário:

Anónimo disse...

Noraboa a Lucía e María porque como moi ben decides, souberon levarnos ao seu territorio poético dun xeito imaxinativo e lúdico. Foi moi agradable contar coa súa presencia no instituto.

.