8 de Marzo

| 0 comentarios |



A punto de chegar o Dia 8 de Marzo, desde a Biblioteca María Mariño convidamósvos a reflectir sobre este dia co concurso de relato curto Como cambiou o conto, no que podedes participar escribindo unha historia en que muden os roles tradicionais de homes e mulleres.
Apúnta e aguarda o resultado que será publicado nesta páxina!

LEER MÁS...

Dereitos Humanos

| 0 comentarios |

O próximo 3o de Xaneiro celebramos no mundo o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Algúns temos a fortuna de coñecer, desfrutar e poder defender eses dereitos, noutros lugares apenas poden sobrevivir. Para eles, para todas as persoas esquecidas que non teñen a nosa sorte dedicamos estes videos extraídos da rede que achamos fermosos:

Desde Human Rights Action Center, ofrécennos información sobre os propios dereitos, con unha música e unhas imaxes fermosas:



O video seguinte, feito por Amnistía Internacional, lémbranos que nós tamém podemos axudar:



E por último, João Sousa e Pedro Carvalho, ofrécennos algo de esperanza acompañada co xa clásico tema de Jonh Lennon Imagine:



Esperamos que os desfrutedes e que non esquecedes que é cousa de todos.

LEER MÁS...

Toma castaña!

| 0 comentarios |


Estamos no Outono, na época da choiva e tamén do sol, do frio mais non tanto, dos dias que esmorecen cada vez máis cedo, do lume na lareira os que teñen sorte de ter unha lareira... En fin, que estamos no mes dos magostos, das castañas e as súas deliciosas aplicacións culinarias. Por iso, na Biblioteca María Mariño convidámoste a que nos mostres as túas habilidades na cociña, iso si, sempre coa castaña como principal ingrediente.
Participa na I Mostra de pratos feitos con castaña, será o próximo luns 16 de Novembro e todos aqueles que se atrevan a traer un prato cociñado con ou sen axuda terán un agasallo.

Aquí vos deixamos algunhas das receitas posíbeis:

A castaña é rica en vitaminas, mesmo asada non perde a súa vitamina C; ten máis cantidade desta vitamina que a maioría das froitas e verduras. Tamén é rica en potasio , ferro , manganeso, cobre, yodo, fósforo é calcio. Pódense comer preparadas de moitas maneiras, como primeiro prato, acompañando outros manxares, en postres… Na actualidade as castañas galegas expórtanse a moitos países. O postre feito con castañas, máis coñecido internacionalmente é o Marrón Glacé.

Algunhas das receitas que se conservan en Galicia
Feitas con castañas son:
Castañas cocidas con leite
Castañas no ourizo
Puré de castañas
Pavo recheo con castañas
Coello con castañas
Pastel de castañas
Flan de castañas
Croquetas de castañas



CASTAÑAS COCIDAS CON LEITE
INGREDIENTES: castañas, leite, azucar, mel
PREPARACIÖN: Pélanse as castañas e dáselles un fervor
en auga para poder quitarlles facilmente a tona interior. Despois cócense en leite con azucre. Sérvense quentes, acompañadas de mel do país

CASTAÑAS NO OURIZO
INGREDIENTES: 1 kg de castañas, 100 gr. De chocolate, 100gr de manteiga, azucre, canela , 50 gr de amendoas, avelás e noces.
PREPARACiÓN: Cócense as castañas en auga con sal.Despois de cocidas e antes de que enfríen mistúranse coa manteiga, o chocolate relado, a canela e o azucre. Cando está feita unha masa fina, colócase nunca fonte a modo de ourizo, coa forma redondeada e alongada. As améndoas, noces o avelás, mondadas e cortadas, colócanse por todo o pastel.

PURÉ DE CASTAÑAS
INGREDIENTES: castañas, leite, Manteiga e azucre.
PREPARACIÓN: Mondar as castañas e poñelas a cocer con leite ata que estean tenras. Sacarlles a auga e pasalas polo pasapuré ; antes de que enfríen engadilles unha culler de manteiga fresca, sal e unha culler de azucre.

XELADO DE CASTAÑAS
INGREDIENTES: 1 KG de castañas, 300 gr de azucre, 200 gr de manteiga, améndoas, avelás ou noces, fiuncho e loureiro.
PREPARACIÓN: mondar e cocer as castañas con fiuncho e o loureiro. Quitarlles a tona interior, e esmagar co garfo; engadirlles a manteiga sen derreter e o azucre, mesturandoo todo ben. Metelo no conxelador ata que endureza.
Para servilo pódeselle engadir chocolate fondant quente e adornalo coa avelás, as améndoas…

FLAN DE CASTAÑAS
INGREDIENTES: 500 Gr de castañas, 2 vasos de auga cheos de leite, 1 tubiño de vainilla en po, 250 Gr de azucre e 4 ovos.
PREPARACIÓN: Pelar as castañas e cocelas en auga para poderlles quitar a tona interior. Unha vez peladas coceránse de novo cun vaso de leite, un pouco de azucre e a vainilla, pasándoas despois por un pasapuré para o que se engadirá, se fai falta, un pouco máis de leite, ata que quede unha masa.Misturar despois con catro xemas de ovo, e os 100 gramos de azucre, revolvendo moito, e despois coas claras batidas a punto de neve. Poñemos esta mestura nuhna flanera untada con caramelo e poñémola oa baño María ata que estea cocido(pínchase cuhna agulla para comprobalo). Deixámolo enfriar antes de desmoldalo.

Bo Magosto !

LEER MÁS...

Día das Bibliotecas

| 0 comentarios |

Este ano o Día das Bibliotecas escolares foi, como sempre, o 24 de Outubro, mais como era sábado, a biblioteca María Mariño decidiu celebralo o luns 27.
Adornamos a nosa biblio con aquilo que realmente nos gusta e pedímosvos que nos regalárades un verso para construir un poema. Sobre este poema falarémosvos en breve.
Por agora, deixámosvos aquí algunhas imaxes na nosa biblioteca engalanada para a ocasión.



LEER MÁS...

Grazas á negra Sosa

| 0 comentarios |



Na memoria de Mercedes Sosa.

LEER MÁS...

Benvid@s ao novo curso!

| 0 comentarios |


(imaxe tomada emprestada de: http://cartafol.usc.es/direccion09/weblog/5518.html)

LEER MÁS...

Al-Andalus, legado Hispano-Árabe

| 0 comentarios |

Dende finais de Maio florecen nos corredores e na entrada do Instituto animais mitolóxicos, mosaicos, vistas da Alhambra, pendóns, murais e paneis informativos que falan do léxico hispánico e francés de procedencia árabe, de romances medievais, da Chanson de Roland, da música andalusí, da influencia árabe nas Matemáticas, de Fibonnacci, de Averroes e outros filósofos árabes medievais. Pronto veremos tamén unha fonte que bota auga e foi creada no laboratorio do Instituto: recorda a importancia do regadío en Al-Andalus. Na Biblioteca unha interesante exposición bibliográfica amplía o tema. Porque é inmenso o legado que esta civilización nos deixou. Porque queremos desbotar prexuízos e estamos convencidos de que o coñecemento dos outros incide na educación pola Paz.
Trátase dun proxecto, concibido e dirixido polo noso profesor de Debuxo, Antonio Sánchez, que dende o curso pasado ven traballando arreo co alumnado de Plástica, e conseguindo a colaboración dos outros Seminarios.
Dende aquí invitamos a toda a Comunidade Educativa a vir ver a exposición, que se prolongará ata finais do verán, ó tempo que felicitamos a todo o alumnado participante e a Antonio polo seu excelente traballo.

Estas son algunhas pequenas mostras do que se está fazendo:

LEER MÁS...

Tarde mas chega

| 0 comentarios |

Tardamos bastante en cargar este vídeo da visita de María Lado e Lucía Aldao á nosa biblioteca. Confiabamos en manexarnos mellor cos editores de vídeo e facer unha cousa bonita, mais vamos deixar iso como deberes para o verao e, entretanto, deleitádevos con parte da súa actuación no instituto. Esperamos que o desfrutedes como nós o fixemos.

LEER MÁS...

Despedidas

| 0 comentarios |

Este mes de maio despedimos ao poeta Mario Benedetti. Despedimos ao home, porque as letras fican:

LEER MÁS...

Lucía Aldao e María Lado

| 1 comentarios |



Hoxe visitáronnos no instituto as poetas Lucía Aldao e María Lado. Como sempre, as caras do alumnado estaban entre o escepticismo e a apatia. Puaj! Poesía! Líase na maioría delas. Mais nengún sospeitaba que o que alí ía suceder acabaría por conquistalos para estes territorios. Cuidado coa poesía, que cando te descuidas engancha! Tivemos ocasión de escoitar a Lucía cantando (cousa que fai tan ben como escribir) e ás dúas en recital múltiple e individual. O tema, o desamor, como non! Tamén puidemos participar nun sorteo e finalmente, compoñer un poema colectivo. Este poema será publicado no blog de María, polo que xa sabedes, pinchade sobre o nome para lelo e sobre o de Lucía se queredes escoitala no myspace.
Entretanto, deixámosvos un vídeo aquí dunha das súas actuacións:

LEER MÁS...