Conferencia

| |













O pasado xoves 12 de marzo o escritor Xabier P. Docampo pronunciou unha conferencia no I.E.S. “Virxe do Mar” de Noia, dirixida ó alumnado do Primeiro Ciclo de E.S.O. A función da literatura, as causas e finalidade do proceso da escritura, a necesidade de que o lector atope reflectida na obra algo da súa experiencia vital para poder conectar con ela, foron algúns dos puntos tratados na súa disertación.
Ó rematar a conferencia, Xabier Docampo asinou os libros que rapazas e rapaces lle presentaron e animou un coloquio sobre técnicas de fomento da lectura con membros dos equipos de Biblioteca dos centros escolares de Noia, A Serra de Outes e Porto do Son.

Sem comentários:

.