CINÉMA, CINÉMA…

| |

Fai 10 anos iniciouse a Mostra de Curtas Vila de Noia. Fai 10 anos tamén rapaces e rapazas que estudaban Francés neste centro realizaron traballos sobre actores, actrices e directores de cine Francés. Polas tardes, na aula de Imaxe, proxectábanse películas dos pioneiros do cine galo, e obras mestras no seu xénero, coa inestimable axuda dun exalumno cinéfilo, Antón G. Agrelo . Hoxe, o I.E.S. “Virxe do Mar” conta cunha ampla colección de películas francesas. Por iso, aproveitando que no noso Centro se desenvolve a actividade “Disección dunha curta”, da Mostra, decidimos retomar aquela exposición realizada conxuntamente polos Seminarios de Francés e Imaxe. E aproveitamos para vos dar a coñecer a todos algúns aspectos deste cine…

Sem comentários:

.