O conto de nunca acabar

| |

O próximo xoves 27 de novembro comeza a súa andaina o club de lectura "O conto de nunca acabar". Tod@s @s interesad@s estades convidad@s, a partir das 16:15h., a asistir á primeira das reunións, na que se entregarán os textos de Julio Cortázar e Mario Benedetti que se propoñen como material de lectura inicial.

Quen é Cortázar?

O mellor que podemos facer para coñecelo é aproximarnos aos seus textos:
"Hubo un tiempo en que yo pensaba mucho en los axolotl. Iba a verlos al acuario del Jardin des Plantes y me quedaba horas mirándolos, observando su inmovilidad, sus oscuros movimientos. Ahora soy un axolotl."
Todo o conto está aí, rotundo, revelado. Para que continuarmos coa súa lectura se xa sabemos que vai acontecer e por que? Pero, se accedemos ao xogo e seguimos a ler, seremos guiados polo que se nos propón como unha vía de coñecemento máis profundo: o desvelamento. Porque o que revela pode mentir, pero non o que desvela, o que vai levantando capas de "realidades" para ir achegándose a esa outra realidade...
Claro que tamén podemos escoitalo, recrearnos co ritmo pausado da súa prosa... Tanto ten que nos fale de reloxios (por certo, no colmo da reutilización, ese fragmento mesmo serviu de guión para un anuncio), de escaleiras ou de pingas... O xogo, o outro, o espello, o medo... sempre están, en Cortázar, á espreita. Aprendamos a gozar dos seus relatos. Vémonos o xoves.

Quen é Mario Benedetti?

Tamén neste caso o mellor e deixalo falar a el mesmo, con estas fermosas palabras dun dos seus poemas:
me consta y sé
nunca lo olvido
que mi destino fértil voluntario
es convertirme en ojos boca manos
para otras manos bocas y miradas
E podedes escoitar unha das nosas propostas do seu libro Despistes y franquezaspara esta primeira lectura, sempre na súa voz, ou se o preferides, podedes desfrutar das súas teorías sobre El sexo de los ángeles.
Se tedes moito tempo, podedes ler a entrevista que lle fai Juan Cruz
Como curiosidade, podedes ver o fragmento da película El lado oscuro del corazón, con un dos seus poemas:



Ou escoitalo na voz de Joan Manuel Serrat



Mais a información máis completa tedela na páxina do Instituto Cervantes

5 comentários:

admin disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Anónimo disse...

A ver se nos gustan as lecturas que propoñades!

Anónimo disse...

Noraboa polo voso traballo!!

Anónimo disse...

www.fotolog.com/ade_libertad


É un pracer participar nesta experiencia. Xa comecei a ler os primeiros relatos e estou encantada coa narrativa de Cortázar. Preciosa.


ADela

Anónimo disse...

Pois é diso do que se trata: gozar de cada relato, albiscar as conexións soterradas entre distintos contos, mergullarse na súa poética...

Encantado de que che encante.

Carlos

.