Libros que deixaron pegada

| |




Actividade proposta polo Equipo de Biblioteca do I.E.S. para o día do Libro -23 de abril-

Esta foi a idea máis suxestiva, na nosa opinión, dos Encontros de Sanxenxo para os responsables das Bibliotecas de Centros Escolares do Plan de Mellora, referida polo escritor Gonzalo Moure, tende a fomentar a curiosidade e o gusto pola lectura da Comunidade Educativa.
Para levala a cabo entregouse a cada titor dos primeiros cursos da E.S.O. o dobre de pegadas do alumnado que tiña, para seren recortadas polos rapaces e rapazas. Nunha delas figuraría o nome e curso destes, e aquel(es) libro(s) que exerceron nelas e neles unha influencia mais fonda (dende contos infantís ata o último que leran). (A outra, en branco, sería entregada ó alumnado de Bacharelato e ó Profesorado) Con todas elas faríamos un camiño dende a porta do Instituto ata a Biblioteca, o día 22 de abril, camiño que permaneceu aberto ata o día 5 de Maio.

Sem comentários:

.