Día dos mundos

| |

Galicia, país tradicionalmente emigrante, está a recibir agora a xentes doutros países que buscan aquí traballo. Coidamos que o noso Centro, sempre atento á realización de viaxes que permitan ó alumnado coñecer a realidade doutros países, tiña nestes rapaces e rapazas, procedentes de lugares ben distantes unha fonte de enriquecemento cultural, e un modo de coñecer e aprender da diversidade de costumes.
E así, en colaboración cos pais e nais destes alumnos/as, realizamos unha exposición de obxectos, libros, música, paneis informativos e pratos de cociña elaborados por eles mesmos, que logo degustou toda a Comunidade Educativa: China, Exipto, Uruguai, Venezuela, Francia, Suíza, Bélxica, a India e Perú estiveron representados nunha xornada de confraternidade e descuberta de novas realidades. Alumnado e profesorado de todo o Centro visitou a exposición e degustou diversos pratos. Está actividade, que se iniciou o ano pasado, estendeuse este a outras comunidades autónomas españolas: Aragón e Castela-León.

Sem comentários:

.