Toma castaña!

| |


Estamos no Outono, na época da choiva e tamén do sol, do frio mais non tanto, dos dias que esmorecen cada vez máis cedo, do lume na lareira os que teñen sorte de ter unha lareira... En fin, que estamos no mes dos magostos, das castañas e as súas deliciosas aplicacións culinarias. Por iso, na Biblioteca María Mariño convidámoste a que nos mostres as túas habilidades na cociña, iso si, sempre coa castaña como principal ingrediente.
Participa na I Mostra de pratos feitos con castaña, será o próximo luns 16 de Novembro e todos aqueles que se atrevan a traer un prato cociñado con ou sen axuda terán un agasallo.

Aquí vos deixamos algunhas das receitas posíbeis:

A castaña é rica en vitaminas, mesmo asada non perde a súa vitamina C; ten máis cantidade desta vitamina que a maioría das froitas e verduras. Tamén é rica en potasio , ferro , manganeso, cobre, yodo, fósforo é calcio. Pódense comer preparadas de moitas maneiras, como primeiro prato, acompañando outros manxares, en postres… Na actualidade as castañas galegas expórtanse a moitos países. O postre feito con castañas, máis coñecido internacionalmente é o Marrón Glacé.

Algunhas das receitas que se conservan en Galicia
Feitas con castañas son:
Castañas cocidas con leite
Castañas no ourizo
Puré de castañas
Pavo recheo con castañas
Coello con castañas
Pastel de castañas
Flan de castañas
Croquetas de castañas



CASTAÑAS COCIDAS CON LEITE
INGREDIENTES: castañas, leite, azucar, mel
PREPARACIÖN: Pélanse as castañas e dáselles un fervor
en auga para poder quitarlles facilmente a tona interior. Despois cócense en leite con azucre. Sérvense quentes, acompañadas de mel do país

CASTAÑAS NO OURIZO
INGREDIENTES: 1 kg de castañas, 100 gr. De chocolate, 100gr de manteiga, azucre, canela , 50 gr de amendoas, avelás e noces.
PREPARACiÓN: Cócense as castañas en auga con sal.Despois de cocidas e antes de que enfríen mistúranse coa manteiga, o chocolate relado, a canela e o azucre. Cando está feita unha masa fina, colócase nunca fonte a modo de ourizo, coa forma redondeada e alongada. As améndoas, noces o avelás, mondadas e cortadas, colócanse por todo o pastel.

PURÉ DE CASTAÑAS
INGREDIENTES: castañas, leite, Manteiga e azucre.
PREPARACIÓN: Mondar as castañas e poñelas a cocer con leite ata que estean tenras. Sacarlles a auga e pasalas polo pasapuré ; antes de que enfríen engadilles unha culler de manteiga fresca, sal e unha culler de azucre.

XELADO DE CASTAÑAS
INGREDIENTES: 1 KG de castañas, 300 gr de azucre, 200 gr de manteiga, améndoas, avelás ou noces, fiuncho e loureiro.
PREPARACIÓN: mondar e cocer as castañas con fiuncho e o loureiro. Quitarlles a tona interior, e esmagar co garfo; engadirlles a manteiga sen derreter e o azucre, mesturandoo todo ben. Metelo no conxelador ata que endureza.
Para servilo pódeselle engadir chocolate fondant quente e adornalo coa avelás, as améndoas…

FLAN DE CASTAÑAS
INGREDIENTES: 500 Gr de castañas, 2 vasos de auga cheos de leite, 1 tubiño de vainilla en po, 250 Gr de azucre e 4 ovos.
PREPARACIÓN: Pelar as castañas e cocelas en auga para poderlles quitar a tona interior. Unha vez peladas coceránse de novo cun vaso de leite, un pouco de azucre e a vainilla, pasándoas despois por un pasapuré para o que se engadirá, se fai falta, un pouco máis de leite, ata que quede unha masa.Misturar despois con catro xemas de ovo, e os 100 gramos de azucre, revolvendo moito, e despois coas claras batidas a punto de neve. Poñemos esta mestura nuhna flanera untada con caramelo e poñémola oa baño María ata que estea cocido(pínchase cuhna agulla para comprobalo). Deixámolo enfriar antes de desmoldalo.

Bo Magosto !

Sem comentários:

.