Al-Andalus, legado Hispano-Árabe

| |

Dende finais de Maio florecen nos corredores e na entrada do Instituto animais mitolóxicos, mosaicos, vistas da Alhambra, pendóns, murais e paneis informativos que falan do léxico hispánico e francés de procedencia árabe, de romances medievais, da Chanson de Roland, da música andalusí, da influencia árabe nas Matemáticas, de Fibonnacci, de Averroes e outros filósofos árabes medievais. Pronto veremos tamén unha fonte que bota auga e foi creada no laboratorio do Instituto: recorda a importancia do regadío en Al-Andalus. Na Biblioteca unha interesante exposición bibliográfica amplía o tema. Porque é inmenso o legado que esta civilización nos deixou. Porque queremos desbotar prexuízos e estamos convencidos de que o coñecemento dos outros incide na educación pola Paz.
Trátase dun proxecto, concibido e dirixido polo noso profesor de Debuxo, Antonio Sánchez, que dende o curso pasado ven traballando arreo co alumnado de Plástica, e conseguindo a colaboración dos outros Seminarios.
Dende aquí invitamos a toda a Comunidade Educativa a vir ver a exposición, que se prolongará ata finais do verán, ó tempo que felicitamos a todo o alumnado participante e a Antonio polo seu excelente traballo.

Estas son algunhas pequenas mostras do que se está fazendo:

Sem comentários:

.